Print

Pombiños ao espeto

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 3 g Allo
  • 80 g Castaña
  • 10 g Manteiga
  • 160 g Pombiño
  • 0.5 g Sal

Instructions

  • Úntanse os pombiños con manteiga e un dente de allo. Engádeselles sal e ásanse ao espeto. Como gornición, acompáñanse de castañas asadas ou cocidas.

Notes

A carne de pombiño está constituída maioritariamente por auga, proteínas e graxa. Se se trata dun exemplar novo ten unha maior cantidade de auga e menos graxa e proteínas. Apenas contén hidratos de carbono. Por outra banda, é rica en vitaminas do grupo B. Ademais, as castañas considéranse un bo acompañamento da carne de caza, como é neste caso o pombiño. As castañas conteñen moi poucas calorías e polo seu gran contido en hidratos de carbono son moi enerxéticas.