Porros gratinados
Servings 1 persona
Ingredients
- 4 g Caldo de verdura
- 15 g Fariña
- 100 g Leite desnatado
- 10 g Manteiga
- 0.5 g Pementa negra
- 70 g Porro
- 15 g Queixo parmesano
Instructions
- Poñer os porros a cocer, unha vez cocidos facémolos anacos. Faise una bechamel refogando a manteiga coa fariña engadindo pouco a pouco o leite, sen esquecer o caldiño, ata conseguir unha crema uniforme. Engadir á bechamel o queixo relado parmesano e a pementa negra moída. Colocar nunha fonte refractaria os porros, a bechamel enriba e volver a poñer queixo relado por enriba. Meter ao forno para que se gratine. Esta receita serve tamén para outras verduras segundo gustos.
Notes
O cultivo do porro remóntase ao antigo Exipto. O porro ten un gran contido en auga e o seu contido en calorías é moi baixo polo que é idóneo para dietas de adelgazamento. Proporcionan gran cantidade de fibra. Teñen tamén propiedades hipotensoras, axeitado para persoas que sofren hipertensión arterial. Son bos para o tratamento de catarros e problemas bronquiais. Destaca a súa cantidade de vitamina C que cobre a metade da cantidade diaria recomendada. Grazas á súa cantidade de potasio evita a retención de líquidos.