Print

Potaxe de fabas brancas

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 60 g fabas brancas
  • 40 g bacallau
  • 25 g codiño xamón
  • 20 g espinacas
  • 20 g cenoria
  • 20 g cebola
  • 20 g pataca
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instructions

  • Ferver as fabas (previamente remolladas 12h). Engadir a cenoria picada e o xamón. Cando as fabas comecen a estar cocidas, engadir o bacallau e as patacas cortadas en dados e as espinacas. Deixar cocer 10 minutos máis. Mentres, preparar un sofrito en aceite con allo e cebola picados, pemento doce e engadir ó potaxe case ó final.

Notes

Vantaxes:
As fabas son alimentos ricos en fibra, folatos, potasio e ferro, pero os seus compoñentes principais son os hidratos de carbono. Aportan unha cantidade importante de proteína vexetal, de peor calidade cá de orixe animal, xa que non presentan todos os aminoácidos esenciais. Axudan a prever o estrinximento, diminuír o colesterol en sangue e manter os niveis de glucosa en sangue grazas ó seu elevado contido en fibra soluble.