Print

Potaxe de garavanzos con fideos

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 40 g garavanzos
  • 40 g touciño porco desalgado
  • 30 g fideo groso perla
  • 20 g pataca
  • 20 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • loureiro
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instructions

  • Poñer auga a ferver e introducir os garavanzos (previamente remollados 12h.). Engadirlle a carne cortada en dados e desalgada. Cando os garavanzos e a carne comecen a estar cocidos, engadir as patacas rotas e os fideos. Deixar cocer 10 minutos máis. Mentres se prepara un rustrido en aceite con allo e cebola picados, pementón doce e engádeselle ao potaxe case ao final. Comprobar de sal.

Notes

Vantaxes:
O nutriente principal dos garavanzos son os hidratos de carbono, dos cales o amidón é o máis abundante. Presenta un bo aporte proteico, pero sen diferenzas respecto dos demais legumes secos; ademais, son proteínas incompletas por falta de metionina (un aminoácido esencial). O contido que presenta de lípidos é maior que no resto de legumes, destacando a presenza de ácidos insaturados como son o ácido oleico e linoleico. Os garavanzos presentan un elevado contido de folatos e tiamina, e minerais como calcio, fósforo, ferro, potasio e magnesio; ademais aportan unha gran cantidade de fibra.