Print

Ragut de polo

Course Segundo prato

Ingredients

  • 125 g peituga polo
  • 1/2 vaso (125 mL) caldo polo
  • 85 g puré pataca
  • 50 mL viño branco
  • 40 g salsa tomate
  • 25 g cebola
  • 25 g cenoria
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g chícharos
  • 15 g champiñóns laminados
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar a peituga en anacos non moi grandes, salgar e dourar nunha tixola nun pouco de aceite moi quente. Pasar a unha pota. Nesa tixola dourar as verduras picadas en dados non moi pequenos. Engadir pementón doce e viño á carne e deixar reducir. Engadir as verduras e o tomate. Mollar co caldo e cocer ata que a carne estea tenra. Acompañar de puré de patacas champiñóns laminados e chícharos cocidos engadidos ao final da cocción.

Notes

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.