Ragut de tenreira ao viño tinto
Ingredients
- 120 g tenreira guisar
- 1 (100g) pataca
- 1 vaso (200mL) caldo carne
- 60 mL viño tinto
- 50 g salsa tomate
- 30 g cebola
- 30 g cenoria
- 25 g pemento vermello
- 25 g chícharos
- 20 g porro
- 20 g champiñóns laminados
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Cortar a carne en anacos non moi grandes, salgar e dourar nunha tixola nun pouco de aceite moi quente. Pasar a unha pota. Nesa tixola dourar as verduras picadas en dados non moi pequenos. Engadir viño á carne e deixar reducir. Engadir as verduras e o tomate. Mollar co caldo e cocer ata que a carne estea tenra. As patacas córtanse en dados e frítense lixeiramente para engadir ao final á carne. Agregar champiñóns laminados e chícharos ao final da cocción.
Notes
Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.