Print

Raia á mariñeira

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 15 g Aceite de oliva
  • 2 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 120 g Pataca
  • 0.5 g Pemento doce
  • 180 g Raia
  • 0.5 g Sal
  • 5 g Vinagre

Instructions

  • Precocemos as patacas con loureiro apenas uns minutos e engadimos a raia cortada en toros. Á parte, preparamos nunha tixola un rustrido de allo, cebola e pemento que verteremos sobre a mestura unha vez alcanzado o seu punto óptimo, uns 30 min de cocción aproximadamente. Deixamos repousar durante uns minutos a lume moi baixo e engadimos un pouco de vinagre.

Notes

A raia é un peixe axeitado para incluír en dietas de adelgazamento polo seu baixo contido en graxas. De entre os minerais que contén destacan o potasio, o fósforo, o calcio, o magnesio e o sodio polo que deben consumilo con moderación as persoas hipertensas. Destaca o contido de vitamina B3 que participa na síntese dos hidratos de carbono e intervén no crecemento e B12 que contribúe a evitar a anemia perniciosa e é importante para o metabolismo. Por outro lado, a pataca, polo seu contido en hidratos de carbono, dá moita enerxía.