Raia en caldeirada
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Aceite de oliva
- 10 g Allo
- 60 g Cebola
- 120 g Pataca
- 1 g Pemento doce
- 180 g Raia
- 1 g Sal
- 4 g Vinagre
Instructions
- Córtase a cebola en catro partes e as patacas en toros e cócense en auga con sal. Unha vez que as patacas case estean completamente cocidas, engádese a raia cortada, sen pel e con sal, e déixase cocer un pouco máis. Prepárase a allada nunha tixola. Cando estean cocidos o peixe e mais as patacas, escórrese case toda a auga que contén a cazola, deixando unha pequena cantidade no fondo. Engádeselle a allada ao mesmo tempo que se vai movendo a cazola. Déixase un par de minutos e xa está lista.
Notes
É un prato típico na zona das Rías Baixas. Antigamente, para preparalo deixábase a raia a secar ao aire libre durante toda a noite. A raia é un peixe branco, de alto valor proteico e de baixo contido graxo. Entre os minerais que posúe en maior cantidade atópanse o selenio que é un antioxidante, reforza o sistema inmunitario e regula a glándula tiroide; o fósforo, que intervén na formación e no mantemento dos ósos e no desenvolvemento dos dentes entre noutras funcións; o ferro que intervén na formación da hemoglobina e dos glóbulos vermellos. Destacar que a falta de espiñas da raia a converte nun peixe apropiado para a poboación infantil.