Raxo con pementos
Servings 1 persona
Ingredients
- 10 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 130 g Lombo de porco
- 100 g Pataca
- 80 g Pemento verde
- 1 g Sal
Instructions
- Cómpre cortar o lombo en dados e despois aderezámolo con sal e pementa. Laminamos o allo, refogándoo en aceite e engadimos estes anacos de carne ata que se douren. Cortamos os pementos en tiras e a pataca en dados e fritímolos á parte.
Notes
O lombo de porco coñecido en Galicia. Tamén se chama como "raxo". Posúe gran cantidade de proteínas e é das partes do porco que menos graxas contén. A metade dos ácidos graxos que presenta son insaturados, o que lle atribúe propiedades cardiosaudables. Contén ferro, cinc e vitaminas do grupo B. Os pementos que acompañan ao lombo de porco proporcionan fibra ao prato. Os pementos teñen poucas graxas e calorías, xa que o seu contido en auga é elevado. Son un bo antioxidante polo seu contido en vitamina C, A e E. Pola súa cantidade de potasio é un bo regulador da presión arterial e axeitado para persoas hipertensas.