Print

Redondo de tenreira á cazola

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g redondo tenreira
  • 1/2 vaso (150 mL) caldo carne
  • 1/2 vaso (100mL) viño branco
  • 1 (100g) pataca
  • 40 g cebola
  • 40 g tomate
  • 40 g porro
  • 40 g cenoria
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa negra en gran
  • sal ao gusto

Instructions

  • Marcar o redondo enteiro na tixola por ambas caras. Colocar nunha pota ou cazola de barro, regar co viño branco, engadir as verduras troceadas e asar no forno lentamente durante 1h a 170ºC. Retirar a carne e triturar as verduras engadindo o caldo de carne. Cortar o redondo en rebandas finas e cubrir coa salsa quente. Servir con puré de pataca.

Notes

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.