Print

Redondo de tenreira á xardiñeira

Course Segundo prato

Ingredients

  • 100 g redondo tenreira
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) viño branco
  • 1/2 vaso (100mL) caldo carne
  • 1/2 (70 g) tomate
  • 40 g cebola
  • 40 g porro
  • 40 g cenoria
  • 5 g pemento piquillo
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Marcar o redondo enteiro na tixola por ambas caras. Colocar na placa do forno, regar co viño branco, engadir as verduras cortadas e asar durante 50 min. a 170ºC. Cortar o redondo en rebandas, engadir o caldo á placa e coar todo xunto para elaborar a salsa. Servir con puré de pataca e pemento do piquillo.

Notes

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.