Print

Refogado de acelgas con tomate e gambas

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 150 g acelgas
  • 20 g gambas
  • 30 g salsa tomate
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer as acelgas en auga con sal. Escorrer e reservar. Quentar aceite nunha tixola e rustrir o allo. Engadir as gambas peladas e a continuación as acelgas cocidas. Poñer o tomate en salsa e dar un toque de sal.

Notes

Vantaxes:
As acelgas conteñen unha alta porcentaxe de auga, son baixas en macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e lípidos), polo tanto é un alimento moi recomendado en dietas de adelgazamento. É rica en nutrientes reguladores como fibra, minerais e vitaminas. Presenta un elevado contido en folatos, provitamina A e vitamina C. En canto ós minerais, contén potasio, magnesio, sodio, iodo, ferro e calcio. Todas estas substancias aportan numerosos beneficios para o organismo. Ademais, contén ácido oxálico, que prevén a formación de cálculos renais e artrites.