Print

Refogado de alcachofas con xamón

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 100 g alcachofas
  • 1 (100g) pataca
  • 20 g xamón serrano
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Quentar o aceite e refogar o xamón uns segundos. Engadir alcachofas cortadas en metades e refogar lixeiramente. Servir sobre unhas patacas cocidas en rebandas. Suxerencia de presentación con ovo escalfado.

Notes

Vantaxes:
O potasio e a fibra son dous dos nutrientes máis abundantes desta hortaliza. Tamén destaca polo seu alto contido en magnesio, fósforo e calcio. Na súa composición atopamos a cinarina, que ten efecto colerético, é dicir, que estimula a función do fígado e facilita a dixestión de graxas. Posúe, tamén, esteroles, que teñen capacidade para limitar a absorción do colesterol no intestino.