Refogado de arroz tres delicias
Ingredients
- 70 g arroz
- 60 g gambas
- 20 g xamón cocido
- 20 g millo doce
- 20 g chícharos
- 1 cullerada (5mL) salsa soia
- 1 cullerada (8mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Nunha cacerola con abundante auga fervendo cocer o arroz 20 min. e a continuación escorrer e refrescar. Nunha tixola ou wok refogar en aceite as gambas, engadir o xamón cortado en dados, o arroz, os chícharos cocidos e o millo doce. Dar o toque de soia con coidado de non pasarse polo sal que ten. Servir quente.
Notes
Vantaxes:
O arroz é rico en amidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e a mellora dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. A excelente dixestibilidade do arroz, ligada a unha acción astrinxente (debida a carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.