Refogado de cabazas e champiñóns
Ingredients
- 80 g cabaza
- 80 g cabaciño
- 80 g champiñóns laminados
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar a cabaza e o cabaciño se se desexa. Trocear o cabaciño en cuartos e a cabaza en dados. Rustrir o allo picado nunha tixola con aceite de oliva. Cando comece a dourar engadir a cabaza. Pasados 10 min aproximadamente engadir o cabaciño e os champiñóns laminados. Deixar cocinar a lume moderado durante 10 minutos máis, removendo. Poñer a punto de sal, cubrir con perexil e servir.
Notes
Vantaxes:
Debido a que a auga é o principal compoñente da cabaza e que presenta un baixo contido en hidratos de carbono, este alimento faise indispensable na dieta. A cabaza é un bo regulador de azucres en sangue, contén beta-carotenos, actúa como expectorante e presenta propiedades antioxidantes.
O champiñón é un dos fungos máis consumidos debido ás súas propiedades remineralizantes e organolépticas. Non presenta un gran contido en minerais, pero si presenta unha gran variedade dos mesmos. Contén, ademais, pequenas cantidades de vitamina A, C, D e B1. O contido calórico deste alimento é baixo, sendo moi adecuado en dietas depurativas ou para perder peso. O seu aporte de fibra non soluble favorece un efecto saciante. Aporta un contido en graxas moi baixo sendo estas moi saudables (acedo linoleico). E o seu contido en selenio confírelle un efecto antioxidante.