Print

Refogado de chícharos con lagostinos

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 10 g Caldo de peixe
  • 40 g Cebola
  • 80 g Chícharo
  • 5 g Fariña
  • 60 g Ovo
  • 30 g Lagostino
  • 50 g Pataca
  • 0.5 g Sal

Instructions

  • Poñer nunha cazola a auga, o sal e a pastilla de caldo. Cando comece a ferver, incorporamos os chícharos e as patacas, mondadas e picadas en tacos, déixanse cocer uns 15 min. Nunha tixola, ponse o aceite e, cando estea tépedo, incorporamos a cebola picada moi fina e o allo. Unha vez dourada, engadimos os lagostinos pelados e partidos pola metade e, tamén, as cabezas. Dóuranse un pouco e, a continuación, bótaselles a fariña, sofrítese un pouco e engádeselles o viño branco, déixase que reduza un pouco, a continuación bótanse os chícharos e as patacas, dándolles unhas voltas. Engádeselles o caldo dos chícharos, déixanse reducir e, a continuación, engádense os ovos. Mestúrase todo moi ben, e cando o ovo estea un pouco feito estará listo para servir.

Notes

Os chícharos son unha boa fonte de fibra que axuda a reducir o nivel de colesterol e a mellorar o tránsito intestinal. Tamén conteñen proteínas que son importantes na dieta de persoas vexetarianas. Destaca o seu contido en vitamina B1 ou tiamina, que é moi importante para o sono, o estado de ánimo e o apetito. Pola súa parte, os lagostinos, ricos en proteínas supoñen unha importante contribución de iodo, imprescindible para a síntese das hormonas tiroides. O seu contido en colesterol e en purinas é elevado polo que non son aconsellables para persoas que seguen unha dieta baixa en ácido úrico.