Print

Refogado de coles

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 125 g coles
  • 40 g entrefebras
  • 20 mL vinagre
  • 20 mL auga
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer as coles en abundante auga cun pouco de sal ata que estean tenras, e escorrer. Facer un rustrido: quentar pementón doce e o vinagre a continuación para que non se queime. Verter o rustrido sobre as coles cunha pouca de auga e deixar que levanten fervor.

Notes

Vantaxes:
As coles son as que máis calorías aportan do seu xénero, debido ó seu maior contido en hidratos de carbono e proteínas (de baixo valor biolóxico). Por outra banda, comparten co resto de verduras o seu elevado contido en auga. Son a maior fonte de vitamina C comparándoas coas verduras da mesma familia. Tamén son unha boa fonte de folatos, e, en menor proporción, de beta-caroteno e vitaminas do grupo B. En canto ós minerais destaca a presenza de potasio, fósforo e iodo, e cantidades discretas de cinc, calcio (de pobre absorción), magnesio e sodio. O seu contido en fibra insoluble é elevado, favorecendo a sensación de saciedad e o tránsito intestinal, de tal xeito que mellora o estrinximento.