Refogado de coles con xamón
Ingredients
- 150 g coles de Bruselas
- 40 g xamón serrano
- 50 g pataca
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementón doce
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer as coles de bruselas. No aceite de oliva dourar o xamón, engadir o pementón doce sen que se queime. Mesturar coas coles e acompañar de pataca fervida.
Notes
Vantaxes:
As coles son as que máis calorías aportan do seu xénero, debido ó seu maior contido en hidratos de carbono e proteínas (de baixo valor biolóxico). Por outra banda, comparten co resto de verduras o seu elevado contido en auga. Son a maior fonte de vitamina C comparándoas coas verduras da mesma familia. Tamén son unha boa fonte de folatos, e, en menor proporción, de beta-caroteno e vitaminas do grupo B. En canto ós minerais destaca a presenza de potasio, fósforo e iodo, e cantidades discretas de cinc, calcio (de pobre absorción), magnesio e sodio. O seu contido en fibra insoluble é elevado, favorecendo a sensación de saciedad e o tránsito intestinal, de tal xeito que mellora o estrinximento.