Refogado de gulas e champiñóns
Ingredients
- 125 g champiñóns
- 80 g gulas
- 50 g tomate cherry
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- chile
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar e cortar en láminas os champiñóns. Pelar e cortar en láminas os dentes de allo. Refogar nunha tixola con aceite de oliva os dentes de allo e cando comeza a dourarse, agregar os champiñóns laminados. Tapar a tixola e deixar cociñar a lume suave durante 10 minutos, removendo de cando en vez para que se cociñen de xeito uniforme. Unha vez cocinados os champiñóns agregar as gulas, remover, poñer a punto de sal, cubrir cun pouco de perexil e reservar. Acompañar con tomatiño cherry.
Notes
Vantaxes:
Neste prato combínanse as propiedades das gulas (surimi) que son un concentrado de proteínas insolubles e posúen baixa cantidade de lípidos, coas características dos champiñóns que é un dos fungos máis consumidos debido ás súas propiedades remineralizantes e organolépticas. Éstes non presentan un gran contido en minerais, pero si presentan unha gran variedade dos mesmos. Contén, ademais, pequenas cantidades de vitamina A, C, D e B1. O contido calórico deste alimento é baixo, sendo moi adecuado en dietas depurativas ou para perder peso. O seu aporte de fibra non soluble favorece un efecto saciante. Aporta un contido en graxas moi baixo sendo estas moi saudables (acedo linoleico). E o seu contido en selenio confírelle un efecto antioxidante.