Refogado de polo á oriental
Ingredients
- 150 g peituga polo
- 1/2 vaso (150 mL) caldo polo
- 50 g arroz
- 30 g cenoria
- 25 g pemento vermello
- 20 g cebola
- 2 dentes (10g) allo
- 5 g salsa soia
- caiena
- sal ao gusto
Instructions
- Cortar o polo en dados e deixar en adubo coa soia un par de horas. Nun "wok" ou tixola con aceite moi quente dourar o polo e reservar. Nese mesmo aceite refogar a caiena e hortalizas cortadas en tiras. Cando as hortalizas estean "al dente" engadir de novo o polo e quentar. Acompañar de arroz branco ó forno.
Notes
Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou ácido fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.