Print

Repolo con garavanzos e bacon

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 50 g repolo
  • 50 g pataca
  • 30 g garavanzos
  • 20 g bacon
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Poñer a quentar nunha pota auga abundante con sal e cando comece a ferver introducir os garavanzos (previamente remollados 12 horas en auga templada con sal). Ao cabo de media hora, engadir o repolo limpo cortado en dados e a pataca. Cando todo estea cocido, escorrer o auga. Facer un rustrido co bacon no aceite podendo engadir un pouco pementón. Mesturar o rustrido cos garavanzos e servir.

Notes

Vantaxes:
O repolo destaca pola elevada presenza de auga na súa composición. Este alimento aporta ó organismo potasio, magnesio, calcio e vitaminas. Contén boas cantidades de fibra e hidratos de carbono, fundamentais para a recuperación de enerxía e resistencia físicas. Ademais, o repolo presenta betacaroteno ou provitamina A, vitamina C, E, niacina e folatos. A transformación do betacaroteno en vitamina A axuda á visión, ó bo estado das mucosas, cabelo, pel, ósos e ó bo funcionamento do sistema inmunolóxico.