Print

Repolo con garavanzos e chourizo

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 40 g repolo
  • 40 g pataca
  • 24 g garavanzos
  • 20 g chourizo caseiro
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Quentar nunha pota auga abundante con sal. Cando comece a ferver, introducir os garavanzos (previamente remollados 12h en auga amornada con sal). Ó cabo de media hora, engadir o repolo limpo cortado en dados, a pataca e o chourizo. Cando todo estea cocido, escorrer a auga e servir quente, cun chorriño de aceite.

Notes

Vantaxes:
O repolo destaca pola elevada presenza de auga na súa composición. Este alimento aporta ó organismo potasio, magnesio, calcio e vitaminas. Contén boas cantidades de fibra e hidratos de carbono, fundamentais para recuperación de enerxía e resistencia física. Ademais, o repolo presenta betacaroteno ou provitamina A, vitamina C, E, niacina e folatos. A transformación do betacaroteno en vitamina A axuda á visión, ó bo estado das mucosas, cabelo, pel, ósos e ó bo funcionamento do sistema inmunolóxico.
Inconvenientes:
Aínda que presenta proteínas de gran valor biolóxico, debemos moderar o consumo de chourizo debido ó seu alto contido enerxético e graxo.