Print

Robaliza ao cava

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g robaliza
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 60 mL cava
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar a robaliza e filetear. Sazonar con sal e marcar lixeiramente na prancha. Facer a salsa de cava: refogar a fariña no aceite sen que se queime e engadir o caldo de peixe quente e o cava fervido (para evaporar o alcol). Salgar, debe quedar como unha bechamel lixeira. Cocer a pataca en rebandas a parte, e colocar a robaliza sobre a pataca e cubrir coa salsa. Cubrir con perexil.

Notes

Vantaxes:
A robaliza é un peixe branco, cun aporte de lípidos moi baixo. Isto ligado ó subministro de proteínas de alto valor biolóxico, fai deste peixe un dos alimentos con maior valor nutritivo. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, capaces de regular o aproveitamento dos nutrientes enerxéticos. Aporta minerais como potasio, fósforo, ferro, sodio e magnesio, substancias que interveñen na regulación do sistema nervioso, a actividade muscular, o equilibrio de auga na célula, formación de ósos e dentes, procesos de obtención de enerxía e sistema dixestivo.