Robaliza ó forno
Ingredients
- 150 g robaliza
- 1 (100g) pataca
- 30 g cebola
- 30 g pemento vermello
- 30 g pemento verde
- 50 mL viño branco
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar o peixe e filetear en dous lombos. Nunha placa de forno poñer a pataca pelada e cortada fina. Encima os pementos e cebola picados. Introducir no forno a 180º C durante 10min. Sacar do forno e colocar os filetes salgados encima, poñer o viño branco e deixar no forno 10 minutos máis.
Notes
Vantaxes:
A robaliza é un peixe branco, cun aporte de lípidos moi baixo. Isto ligado ó subministro de proteínas de alto valor biolóxico, fai deste peixe un dos alimentos con maior valor nutritivo. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, capaces de regular o aproveitamento dos nutrientes enerxéticos. Aporta minerais como potasio, fósforo, ferro, sodio e magnesio, substancias que interveñen na regulación do sistema nervioso, a actividade muscular, o equilibrio de auga na célula, formación de ósos e dentes, procesos de obtención de enerxía e sistema dixestivo.