Rodaballo á galega
Servings 1 persona
Ingredients
- 20 g Aceite de oliva
- 1 g Allo
- 150 g Pataca
- 1 g Pemento doce
- 200 g Rodaballo
- 1 g Sal
Instructions
- Preparamos unha allada con allo, aceite, e pemento doce. Reservámola para engadir ao peixe cando estea cocido. Botamos en auga fervendo xunto co rodaballo unhas patacas e un anaco de pemento verde que foron pasados con anterioridade por unha tixola cun pouquiño de aceite.
Notes
Cabe destacar que Galicia é pioneira no cultivo do rodaballo, aínda que tamén podemos atopar rodaballo salvaxe na zona do Gran Sol e nas rías galegas. O rodaballo é un peixe moi apreciado pola súa carne fina e a súa textura agradable. O rodaballo é un peixe semigraxo. Destaca o seu contido en ácido fólico que prevén a anemia e os trastornos dixestivos. Respecto aos minerais, destaca o potasio necesario para o sistema nervioso e a actividade muscular, posúe fósforo que intervén no sistema nervioso, na actividade muscular e en procesos de obtención de enerxía.