Print

Rodaballo en salsa verde

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 15 g Aceite de oliva
  • 2 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 50 g Chícharo
  • 100 g Pataca
  • 3 g Perexil
  • 160 g Rodaballo
  • 0.5 g Sal
  • 30 g Viño branco

Instructions

  • Fritimos no fondo dunha cazola, a lume lento durante uns minutos, unhas patacas en toros non moi grosos sobre un fondo de allo e cebola previamente dourados. Engadiremos despois duns minutos a auga de cocción, algúns chícharos, o rodaballo torado e o viño. Coceremos a lume baixo. O aderezo con perexil é opcional.

Notes

O rodaballo é un peixe semigraxo que está incluído dentro do grupo dos peixes brancos e, ademais, é de fácil dixestión. Destaca o contido en potasio necesario para o sistema nervioso e a actividade muscular. Contén, ademais, unha cantidade moderada de fósforo que intervén no sistema nervioso, na actividade muscular e en procesos de obtención de enerxía. Os chícharos que acompañan o rodaballo proporcionan enerxía debido ao seu contido en hidratos de carbono, graxas e proteínas. Destaca a seu contido en fibra que contribúe a reducir o nivel de colesterol, mellora o tránsito intestinal e proporciona unha maior sensación de saciedade.