Print

Rodaballo guisado

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 20 g Aceite de oliva
  • 2 g Allo
  • 60 g Cebola
  • 120 g Pataca
  • 5 g Perexil
  • 1 g Pemento picante
  • 40 g Pemento vermello
  • 40 g Pemento verde
  • 160 g Rodaballo
  • 1 g Sal
  • 10 g Vinagre
  • 20 g Viño branco

Instructions

  • Sofritimos allo, pemento e cebola e, posteriormente, unhas patacas, engadimos auga xusto cando as patacas alcancen un punto medio de fritura e cocémolas xunto co rodaballo. Mentres preparamos un refogado de allo, viño branco, perexil, azafrán e chile (ao gusto) que botaremos sobre o rodaballo e as patacas ao final.

Notes

O rodaballo é un peixe semigraxo que contén poucas calorías polo que se pode incluír nas dietas de control de peso. Contén proteínas de elevado valor biolóxico. Debida ao seu alto contido en potasio e á súa moderada cantidade en sodio, as persoas hipertensas poden consumilo sen ningún problema. O rodaballo é xunto ao salmón o peixe que máis ácido fólico contén. Este é esencial na elaboración de anticorpos. Prevén a depresión e cumpre importantes funcións relacionadas coa actividade cerebral. Os pementos que acompañan ao rodaballo posúen vitamina C e gran cantidade de potasio polo que son depurativos e diuréticos. Ademais teñen fibra polo que sacian e melloran o tránsito intestinal.