Rosada en salsa verde
Ingredients
- 150 g rosada
- 1 (100g) pataca
- 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
- 30 g cebola
- 20 g chícharos
- 1 dente (5g) allo
- 10 g espárrago branco
- 5 g fariña
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Preparar unha salsa verde: refogar en aceite o allo e a cebola picados sen que tomen cor. Engadir un pouco de fariña e caldo de peixe. Deixar cocer 10 min e engadir perexil picado. Cocer a rebanda de rosada 5 minutos ao vapor e cubrir coa salsa deixando cocer outros 5 minutos máis. Acompañar dunhas patacas redondas cocidas, chícharos e espárrago branco.
Notes
Vantaxes:
A rosada é un peixe branco, e como tal presenta un baixo contido graxo. Ademais é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B. Pero, a cantidade destas vitaminas non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.