Print

Salmón ao forno con salsa

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g salmón
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 1 (100g) pataca
  • 50 mL viño branco
  • 30 g cebola
  • 10 g pemento vermello
  • 10 g pemento verde
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • colorante alimentario
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar o peixe e cortar en supremas. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha placa de forno e enriba as verduras picadas e o viño, e introducir en horno 15 minutos a 175ºC. Marcar o salmón á prancha, colocalo enriba das patacas, rociar co aceite de oliva, deixar 10 minutos máis engadindo caldo de peixe coloreado. Retirar do forno. Decorar con perexil.

Notes

Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo.
Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.