Print

Salmón en salsa verde

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g lombo salmón
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 1 (100g) pataca
  • 30 g cebola
  • 20 g chícharos
  • 10 g espárrago branco
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Preparar unha salsa verde: refogar en aceite o allo e cebola picados sen que tome cor. Engadir un pouco de fariña e caldo de peixe. Deixar cocer 10 minutos e engadir perexil picado. Marcar o lombo de salmón na prancha e colocar nunha placa de forno, cubrir coa salsa, meter ao forno 5 minutos. Acompañar dunhas patacas redondas cocidas, chícharos e espárrago branco.

Notes

Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo.
Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.