Sardiñas recheas
Servings 1 persona
Ingredients
- 10 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 25 g Cebola
- 20 g Fariña de trigo
- 1 g Loureiro
- 80 g Pataca
- 1 g Perexil
- 150 g Sardiña
Instructions
- Quitamos as vísceras ás sardiñas, eliminamos a cabeza e as escamas. Utilizaremos a metade das sardiñas para facer a base e a outra metade para facer a tapa, polo que as separamos en dous grupos. Colocamos a metade das sardiñas a xeito de base nun recipiente. Á parte, facemos un rustrido composto de aceite, allo, perexil, cebola e un pouco de fariña para que espese. Botamos o rustrido sobre a base das sardiñas e engadimos tamén media folla de loureiro por cada sardiña. Coa outra metade das sardiñas tapamos as que forman a base, rebozamos en fariña e fritimos.
Notes
Este xeito de preparar as sardiñas no que se rebozan con fariña fai que este prato sexa o precursor do actual bocadillo. A sardiña é un peixe graxo que contén ácidos graxos omega 3 polo que está recomendada para persoas que padecen enfermidades cardiovasculares. Cabe destacar o contido de fósforo que cobre case o 100% da cantidade diaria recomendada. É bo para nutrir o noso cerebro e mellorar a nosa memoria. Tamén é moi elevada a contribución de vitamina D que regula a cantidade de calcio aos ósos e regula a cantidade de fósforo e calcio no sangue.