Print

Soia estufada con verduras

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 50 g soia
  • 15 g cenoria
  • 15 g pataca
  • 13 g cabaza
  • 13 g cebola
  • 10 g porro
  • 2,5 g pementa doce
  • 1/2 dente (2,5 g) allo
  • 1 g comiño
  • 0,15 g auga

Instructions

  • Nunha cazola cocer todos os ingredientes xuntos. As verduras cortaranse en dados. Cocer ata que a soia estea tenra. Preparar un sofrito con parte da cebola picada, allo e o pemento doce en aceite. Dar o punto de sal e comiño. Deixar repousar.

Notes

Vantaxes:
A soia destaca polo seu elevado aporte de proteínas de alto valor biolóxico, fibra e lípidos, na súa maioría poliinsaturados fundamentais e beneficiosos para a saúde dos vasos sanguíneos e do corazón. Contén lecitina, graxa que se emprega como complemento dietético e aditivo emulsionante. Comparado co resto dos legumes, a soia aporta maior cantidade de minerais e vitaminas. Ademais presenta isoflavonas que son substancias antioxidantes moi beneficiosas para o organismo.