Solla á galega
Ingredients
- 150 g solla
- 1 g pataca (100g)
- 20 g chícharos
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementón doce
- loureiro
Instructions
- Cocer en auga con loureiro, a cebola e as patacas cortadas en rebandas grosas. Ós 8 min. engadir o peixe e cocer 7 minutos máis, dependendo do grosor. Separadamente, preparar unha salsa co aceite, allo e pemento doce. Servir a solla enriba das patacas acompañado por chícharos cocidos á parte e a salsa de allo por riba.
Notes
Vantaxes:
A solla é un peixe branco, polo que presenta un baixo contido graxo. É rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, pero a cantidade destas vitaminas non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.