Print

Solombo á caseira

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 10 g Caldo de carne
  • 150 g Cebola
  • 20 g Limón
  • 90 g Pataca
  • 0.5 g Pemento picante
  • 1 g Sal
  • 160 g Solombo de tenreira
  • 30 g Viño branco
  • 50 g Cenoria

Instructions

  • Adobamos co aceite, co limón e coa cebola o solombo, deixándoo macerar durante unha hora. Envólvese a carne en papel de aluminio e métese a asar ao forno e, tras media hora, vólvese meter no adobo. Colócase nunha cazola con cenorias, énchese co caldo de carne e co viño branco, salpeméntase e déixase que remate de cocer a lume lento. Cando se sirva, engádeselle o zume de limón e vérteselle a salsa por enriba.

Notes

O solombo é un parte da tenreira cun contido moi baixo de graxas polo que se considera unha carne magra. Debido a isto, o solombo pódese incluír en dietas de adelgazamento. Destaca a súa contribución proteica e tamén de ferro que axuda a previr anemias. As cenorias que acompañan á carne proporcionan fibra ao prato e teñen poder de saciedade debido ao seu contido en hidratos de carbono. Son fonte de potasio e axudan as persoas con retención de líquidos.