Solombo de porco con compota de cebola
Ingredients
- 150 g solombo porco
- 100 g cebola
- 50 g mazá
- 50 g arroz
- 20 g uvas pasas
- 5 g azucre
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementa branca
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar o solombo e cortar os medallóns. Facer a compota refogando lentamente a cebola en aceite. Cando estea pochada engadir un pouco de azucre e auga triturando por robot. Asar a mazá en cuartos ao forno sen corazon. Facer un arroz branco ao forno coas pasas mesturadas. Marcar a carne na prancha e colocar sobre a compota. Acompañar do arroz branco con pasas e a mazá asada.
Notes
Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico. Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.