Solombo de porco con mazá
Ingredients
- 150 g solombo de porco
- 1/2 vaso (100mL) caldo carne
- 50 g arroz
- 50 g mazá
- 30 g cebola
- 10 g uvas pasas
- 10 g nata
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementa branca
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar o solombo e cortar os medallóns. Facer a salsa refogando o allo e a cebola en aceite. Engadir a mazá pelada sen corazón e cubrir co caldo. Cocer 10 minutos e pasar por túrmix e chinés. Engadirlle unhas pasas á salsa e un pouco de nata. Marcar a carne na prancha e cubir coa salsa. Acompañar de arroz branco ao horno.
Notes
Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico. Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.