Print

Solombo de porco con pementos do piquillo e pataca

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g solombo porco
  • 1 (100g) pataca
  • 80 g pemento piquillo
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar os solombos en medallóns, salpementar e facer á prancha. Mentres, refogar con aceite o allo picado e os pementos cortados en xulianana. Servir o solombo acompañado da fritada de pementos e unhas patacas fritas cortadas en dados.

Notes

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.
Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.