Print

Solombo de porco con salsa de queixo, noces e cirolas

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g solombo porco
  • 1/2 vaso (120 mL) caldo carne
  • 50 g arroz
  • 15 g queixo Arzúa
  • 15 g noces peladas
  • 10 g cirolas pasas
  • 6 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar o solombo e cortar os medallóns. Facer a salsa compota refogando lentamente a fariña no aceite e engadir o caldo de carne. A continuación, engadir o queixo cortado en anacos para que se funda rápido. Cando se funda o queixo engadir as cirolas pasas cortadas e as noces. Marcar a carne na prancha e colocar sobre un arroz branco ao forno, cubrir coa salsa.

Notes

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.
Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.