Print

Sopa de mariscos

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 8.600000381469727 g Ameixa
  • 1 g Azafrán
  • 50 g Cebola
  • 49.349998474121094 g Cigala
  • g Espinas de pescado
  • 3 g Fariña
  • 1 g Loureiro
  • 30 g Mexillón
  • 16.5 g Nécora
  • 1 g Pemento doce
  • 1 g Sal
  • 40 g Tomate

Instructions

  • Dóuranse as espiñas de peixe nunha cazola cun chorro de aceite, unha vez douradas engádeselles a cebola pelada, o tomate e a auga co loureiro. Déixanse ferver durante 20 min. Unha vez fervido este caldo cóase, engádeselle ao marisco que xa contén o azafrán e déixase cocer uns 10 min a lume lento. Por último sálgase ao gusto. Mentres se deixa cocer, prepárase un rustrido coa cebola picada, co allo, co aceite, cunha culler de fariña e cun chisco de pemento que se engadirá ao caldo. Deixarase 5 min a lume alto.

Notes

A sopa de marisco é unha receita popular e moi coñecida. No seu caldo concéntranse multitude de vitaminas especialmente do complexo B, A e D. Minerais como o fósforo, o potasio, o calcio, o ferro, o magnesio e o iodo. As sopas son unha boa opción para calquera época do ano e resultan ademais moi doadas de dixerir. Nos meses fríos son un alimento moi reconfortante. O peixe e o marisco son unha das posibilidades máis lixeiras e nutritivas de preparar unha sopa. Proporciona proteínas de boa calidade e un contido en calorías baixo.