Print

Sopa de millo con cabezas de pescada

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 3 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 0.5 g Loureiro
  • 60 g Mazaroca de millo
  • 30 g Pescada
  • 0.5 g Pementa negra
  • 0.5 g Sal

Instructions

  • Débese usar o millo en mazaroca, non de lata. Nunha cazola, poñemos as cabezas de pescada xunto cunha cebola, cun allo, con loureiro e co sal e cando comece a ferver baixamos o lume e deixamos cocer, a lume lento, durante media hora. Retiramos o peixe e reservamos o seu centro limpo. Coamos o caldo e cocemos o millo cortado en anacos, cun ancho aproximado de dous dedos. Unha vez que estea o millo brando, servimos o caldo xunto co millo e a carne da pescada recuperada da cabeza.

Notes

O millo presenta un elevado contido en hidratos de carbono. É de doada dixestión. Ademais, produce saciedade polo que é moi axeitado para levar unha dieta de adelgazamento. Tamén destaca o seu contido en magnesio e en fibra que contribúe a reducir o colesterol. O millo é uns dos alimentos con maior contido en vitamina B1 necesaria para transformar os alimentos en enerxía. A pescada é unha importante fonte natural de ácidos graxos omega 3. Ademais, é moi axeitada para persoas con obesidade ou sobrepeso xa que o seu contido en graxas é moi baixo.