Print

Tallaríns con mexillóns e gambas

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 75 g tallaríns
  • 50 g gambas
  • 25 g mexillóns
  • 10 g queixo relado
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer a pasta en auga fervendo con sal o tempo que indique o fabricante. Escorrer e reservar. Refogar o allo picado no aceite, engadir os mexillóns cocidos e as gambas. Mesturar coa pasta. Cubrir de queixo.

Notes

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Ademais este prato complétase co aporte en proteínas de alto valor biolóxico e tamén cos minerais das gambas e os mexillóns.