Tenreira guisada con verduras
Ingredients
- 140 g tenreira (cuarto dianteiro)
- 1 (100g) pataca
- 1/2 vaso (100 mL) auga
- 50 g salsa tomate
- 60 mL viño branco
- 30 g cebola
- 30 g cenoria
- 25 g pemento vermello
- 25 g pemento verde
- 20 g porro
- 1 dente (5g) allo
- sal ao gusto
Instructions
- Cortar a carne en anacos non moi grandes, salgar e dourar nunha tixola cun pouco de aceite moi quente. Pasar a unha pota. Nesa tixola dourar as verduras picadas en dados non moi pequenos. Engadir viño á carne e deixar reducir. Engadir as verduras e a salsa de tomate. Mollar co caldo e cocer ata que a carne estea tenra. Cortar as patacas e dados e fritir lixeiramente para engadir ó final á carne.
Notes
Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.