Torrada de brandada de bacallau
Ingredients
- 75 g bacallau en migas
- 1 (100g) pataca
- 25 g porro
- 20 g pan de molde
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Desalgar as migas de bacallau polo menos 24h. Cocer as patacas en anacos coma se fosen para puré. No aceite de oliva refogar o branco do porro sen que tome cor, engadir o bacallau e as patacas cocidas. Triturar en turmix. Torrar a rebanda de pan e estender a brandada. Decorar con perexil ou ceboliño picado.
Notes
Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais. O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pon a remollo esta cantidade diminúe considerablemente, polo tanto, as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.