Print

Torrada de champiñóns

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 20 g pan de molde
  • 60 g champiñóns
  • 15 g xamón cocido
  • 15 g queixo
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar ben os champiñóns e cortalos en láminas. Nunha tixola cunha pizca de aceite refogar os champiñóns e o allo. Sazonar e reservar. Torrar as rebanadas de pan no forno, sacar e colocar primeiro a rebanda de xamón cocido, enriba os champiñóns e finalmente a loncha de queixo. Terminar no forno a 180ºC.

Notes

Vantaxes:
O champiñón é un dos fungos máis consumidos debido ás súas propiedades remineralizantes e organolépticas. Non presenta un gran contido en minerais, pero si presenta unha gran variedade dos mesmos. Contén, ademais, pequenas cantidades de vitamina A, C, D e B1. O contido calórico deste alimento é baixo, sendo moi adecuado en dietas depurativas ou para perder peso. O seu aporte de fibra non soluble favorece un efecto saciante. Aporta un contido en graxas moi baixo sendo estas moi saudables (acedo linoleico). E o seu contido en selenio confírelle un efecto antioxidante.