Print

Torta de queixo ao forno

Course Postre
Servings 1 persona

Ingredients

  • 9 g Azucre
  • 10 g Fariña de trigo
  • 15 g Ovo
  • 1 g Fermento
  • 1 g Manteiga
  • 20 g Queixo de untar light
  • 34 g Iogur

Instructions

  • Mestúranse os ovos e o azucre e bátense ata conseguir que resulte do batido unha escuma superficial. Engádese a esta mestura a fariña co fermento, o queixo e os iogures. Vólvese pasar polo batedor antes de vertelo nun molde que, previamente, untamos con manteiga. Enfórnase a 175 ºC durante 40 min aproximadamente.

Notes

A torta de queixo é un das sobremesas máis comúns e máis antigas do mundo. A orixe desta torta sitúase en Grecia, no ano 776 a. de C., onde era parte da dieta dos deportistas dos primeiros xogos olímpicos. Posteriormente, elaboraríase con multitude de queixos diferentes en diferentes países como, por exemplo, en Italia que se elabora con requeixo. Tamén hai constancia de que a primeira torta de queixo elaborada con queixo fresco data dos anos vinte en Nova York.