Print

Tortilla de grelos con chourizos

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 15 g Aceite de oliva
  • 2 g Allo
  • 30 g Chourizo
  • 90 g Grelo
  • 60 g Ovo
  • 0.5 g Sal

Instructions

  • Escaldamos os grelos. Douramos nunha tixola allo e, unha vez dourado, engadimos os chourizos picados e os grelos xa escorridos. Deseguida, botamos os ovos batidos e dámoslle forma de tortilla coa mestura anterior. Dámoslle a volta, para rematala de facer polo outro lado, e servímola tortilla.

Notes

A tortilla admite gran cantidade de acompañamentos. O ovo contén proteínas do máis alto valor biolóxico. As graxas que predominan no ovo son principalmente ácido linolénico e omega 3, moi beneficioso para o organismo e a súa graxa é de doada dixestión. Os grelos teñen un contido en calorías baixo. Ademais teñen gran cantidade de vitamina A que desempeña un papel importante no desenvolvemento dunha boa visión e vitamina K que ten efecto coagulante do sangue. Atribúeselles un gran poder antioxidante polo seu contido en betacaroteno, selenio, vitamina C e cinc. O chourizo posúe proteínas de elevado valor biolóxico. Destaca a súa elevada cantidade de sodio polo que non está recomendado o seu consumo habitual en persoas hipertensas. Contén ferro de doada asimilación polo que axuda a previr a anemia.