Print

Tortilla de patacas guisada

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 15 g Aceite de oliva
  • 3 g Allo
  • 25 g Cebola
  • 5 g Fariña
  • 54 g Ovo
  • 90 g Pataca
  • 2 g Perexil
  • 2 g Pemento doce
  • 3 g Sal

Instructions

  • Elaboramos unha tortilla de patacas de xeito tradicional. Douramos nunha tixola cun chorro de aceite a fariña xunto co dente de allo machucado, o perexil, a auga e o pemento. Botamos este refrito sobre a tortilla e deixámola un anaco no lume.

Notes

O ovo é un dos alimentos máis completos que existen. A proteína que nos proporciona é a que ten máis calidade de toda a dieta, mesmo máis calidade que a proteína da carne, dos legumes ou do peixe. A pataca achéganos carbohidratos de lenta absorción, auga e unha gran cantidade de vitamina C. A cebola ten propiedades diuréticas e anticanceríxenas. Finalmente, o aceite é un compendio de antioxidantes e graxas cardiosaudables.