Print

Tortilla estilo Betanzos

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 20 g Caldo de carne
  • 80 g Ovo
  • 80 g Pataca
  • 1 g Sal

Instructions

  • Córtanse as patacas en anacos moi finos, engádeselles un pouco de sal e frítense nunha boa cantidade de aceite. Por outro lado, bátense os ovos ata que adquiran unha textura esponxosa e engádeselles un chisco de sal. Cando as patacas estean ben fritidas, elimínaselles parte do aceite, escórrense e engádenselles os ovos batidos e unha cunca de caldo, despois vértese a mestura nunha tixola con aceite ben quente e do tamaño do que se queira facer a tortilla.

Notes

Como o seu propio nome indica, esta tortilla faise na vila coruñesa de Betanzos. Esta forma de preparar a tortilla é moi particular xa que está feita con poucas patacas e moito ovo de maneira que non se conseguen integrar e formar realmente unha tortilla unitaria senón que as patacas "nadan" no ovo. Elabórase con patacas da terra e ovos de curral. A tortilla caracterízase pola súa intensa cor amarela que lle dá o ovo fresco.