Troita con salsa de améndoas
Servings 1 persona
Ingredients
- 20 g Améndoa torrada
- 35 g Cebola
- 20 g Xamón curado
- 5 g Limón
- 15 g Manteiga
- 80 g Pataca
- 0.5 g Pementa branca
- 0.5 g Sal
- 78 g Troita
- 15 g Viño branco
Instructions
- Por unha parte, preparar a salsa de améndoas tras fritir a cebola cuns cachiños de xamón curado (todo isto moi picadiño) e coa améndoa relada en láminas. Cando se empecen a dourar as améndoas, engadir un chorro xeneroso de viño branco. Por outra parte, salgar ben as troitas, engadirlles un chorriño de zume de limón, dispoñelas na bandexa do forno engraxada e cubrilas coa salsa anterior. Finalmente, asar o conxunto ata que as troitas estean ben douradas.
Notes
Esta forma de preparar a troita, acompañada dunha salsa de améndoas, é habitual en Francia. A troita é un peixe azul polo que é moi cardiosaudable. Posúe un sabor suave e gran versatilidade na cociña cun baixo contido en graxa. Por outra parte, as améndoas danlle fibra ao prato que estimula os movementos intestinais e dan sensación de saciedade. Ademais teñen efecto antioxidante polo seu gran contido en vitamina E. As améndoas son fonte de proteínas e de ferro, que axuda a previr a anemia e, ademais, fan que sexan moi axeitadas para incluír en dietas vexetarianas.