Print

Vieiras ao forno

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 40 g Cebola
  • 1 g Chile
  • 1 g Pemento doce
  • 1 g Sal
  • 33 g Vieira

Instructions

  • Abrir as vieiras e separalas das cunchas. Salgalas lixeiramente. Quentar o aceite nunha tixola e refogar a cebola co chile, co lume moi suave ata que estea transparente. Apartar do lume, agregar o pemento e revolver rapidamente. Repartir o rustrido sobre as vieiras e meter no forno, para gratinar, durante 5 min.

Notes

As vieiras convertéronse nun prato habitual nas datas de Nadal nos últimos anos. A vieira galega é unha das variedades máis correntes. Ten altas propiedades antioxidantes. O seu contido en graxas e colesterol é baixo por iso é recomendable para persoas que teñan que baixar de peso ou presenten niveis elevados de lípidos en sangue. Destaca a cantidade de vitamina B12 que é importante para o metabolismo xa que axuda á formación de glóbulos vermellos no sangue e ao mantemento do sistema nervioso central.